Crysis terá versión para consolas

venres, 9 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Crytek puxo o listón moi alto nos videoxogos de acción en primeira persoa a estrear o xogo Crysis para PC en 2008, pero para conseguir chegar a máis público desenvolveron o motor gráfico CryEngine 3 que permitiulles que Crysis 2 tivese versións tamén para Xbox 360 e PlayStation 3, polo que sorprende a nova de que o mes que vén vaian comercializar unha conversión do primeiro Crysis para estas consolas en formato descargable.
Resulta especialmente rechamante o feito de que este novo Crysis non sexa unha mera conversión, senón que vai facer uso do CryEngine 3 e incluso será compatible con televisores 3D, facendo que a recuperación deste xogo sexa tamén o enriquecemento do mesmo con novas prestacións.

O Crysis orixinal destacou por elevar o nivel gráfico dos xogos de acción en primeira persoa



Anuncio da adaptación de Crysis a consolas

PUBLICIDADE