Curioso cargador portátil de Sanyo

mércores, 11 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Sanyo anunciou que para decembro comezará a comercializar o eneloop stick booster, un dispositivo pensado en servir coma cargador para trebellos móbiles, que ten a forma dun pequeno tubo de aluminio moi lixeiro (76 gramos) e manexable que inclúe no seu interior dúas pilas AA recargables (admitindo incluso o seu uso con pilas ordinarias, o que o dota dunha grande versatilidade).
Este curioso accesorio pode cargar dispositivos a través de USB, servindo para evitar que queden sen batería nun momento crítico. O produto poderá mercarse por 3.100 iens (22,91 euros).

PUBLICIDADE