Cyberpunk 2077 está a ser un grande éxito

venres, 31 de marzo do 2023 Marcus Fernández

Pese ao accidentado lanzamento de Cyberpunk 2077, CD Projekt Red non só conseguiu reporse tras corrixir as meirandes carencia do xogo, senón que a serie de Netflix Cyberpunk 2077: Edgerunners provocou que se disparase a atención sobre o título, até o punto de que 2022 convértese no segundo mellor ano en ingresos para a compañía, segundo os datos económicos que vén de presentar.
De feito, o cambio de percepción de CD Projekt Red non se limitou ao económico, xa que durante 2022 comezou con bastantes críticas negativas dos usuarios de Cyberpunk 2077, que fóronse diluíndo, até que en setembro se dispararon estratosfericamente as críticas positivas, polo que pasouse dun lanzamento claramente desastroso a todo un éxito que pode contribuír a consolidar o futuro da compañía. Será no mes de xuño cando comece a promoción da expansión de Cyberpunk 2077 protagonizada por Idris Elba, Phantom Liberty, que moi probablemente reavivará o interese polo xogo, conseguindo así manter o fluxo económico mentres preparan novos xogos da franquía de The Witcher, que poderían levar á compañía polaca a novos niveis de éxito.

Vídeo promocional da expansión Phantom Liberty para Cyberpunk 2077 prevista para a segunda metade do ano

PUBLICIDADE