Cybook Gen3, o novo lector de libros electrónicos

martes, 30 de outubro do 2007 Marcus Fernández

O lector de libros vale tanto para textos como para comics en branco e negro (algo habitual nos tebeos xaponeses)

O lector de libros electrónicos Cybook Gen3, anunciado para o pasado mes de setembro, finalmente saíu á venda por 350 dólares, cunhas características moi semellantes ó de Sony ou ó de NUUT, dando a impresión de que as características que presenta son xa un estándar neste tipo de dispositivo.
O Cybook Gen3 ten unha pantalla de papel electrónico de 800 x 600 píxeles que incorpora un conector para auriculares, 64 Mb de memoria interna, lector de tarxetas SD e conectividade USB. Permite ver documentos HTML, PDF e texto, así como a lectura de RSS (sincronizándose a través do ordenador), pesa só 175 gramos pero polo que destaca especialmente é pola súa autonomía, xa que cunha única carga é capaz de presentar un total de 8.000 páxinas.

PUBLICIDADE