D-Link incorpora Facebook Wi-Fi non dos seus routers

venres, 30 de maio do 2014 Marcus Fernández

Para que os pequenos e medianos negocios poidan ofrecer conexión á Internet sen fíos aos seus clientes D-Link preparou un router moi atractivo, por integrar o Wi-Fi de Facebook, de xeito que os usuarios poden conseguir acceso de balde á Internet con só facer cheking no negocio a través da súa páxina de Facebook, o que contribúe a mellorar a imaxe de marca da compañía e a fidelidade dos seus clientes.
Esta solución evitaría que os clientes tivesen que introducir longas cadeas de letras e números para poder identificarse nunha rede Wi-Fi pública, á vez que potencia as páxinas de Facebook dos negocios. Estímase que este tipo de servizo triplica o número de check-ins que se reciben, polo que a instalación dun destes routers pode ser bastante rendible.
O D-Link 11AC Router con Facebook Wi-Fi ofrece a mencionada conexión sen códigos nin contas especiais, conduce aos clientes a interactuar coas páxinas de Facebook dos negocios, permite que as empresas poidan conseguir datos demográficos dos clientes que fan check in e todo iso sen prescindir dunha alto rendemento (podendo mover ata 1.750 Mbps a través de Wi-Fi AC e Wi-Fi N simultaneamente) e seguridade (inclúe protección WPA2 e devasa).

O router achéganos acceso a Internet por Wi-Fi con só facer check-in na páxina web de Facebook do negocio que visitemos

O router en cuestión é concretamente o D-Link Wireless AC1750, que tamén responde ao número de modelo DIR-865L, que está á venda nos EE.UU. por 149,99 dólares, e que en España pode conseguirse por prezos que parten dos 1149,90 euros (123,82 euros se sumamos os portes), oo que é un prezo bastante razoable para un router Wi-Fi AC, con 4 portos Gigabit Ethernet e que tamén inclúe funcionalidades como permitir a súa configuración a través de aplicacións móbiles, poder establecer unha rede Wi-Fi para convidados ou contar con sistemas de control paterno.

PUBLICIDADE