D-Link presenta un router que permite conectarse á Rede a través de 5G
venres, 4 de xaneiro do 2019
AÃnda que o 5G non será unha realidade
comercial até 2020, ao longo de 2019 haberá numerosas iniciativas piloto por
todo o mundo, e para ir tomando posicións D-Link presenta o seu novo
router DWR-2010 5G NR, que conformará unha rede doméstica partindo dunha
comunicación 5G e achegando velocidades de até 3 Gbps, de xeiot que para ter
unha rede Wi-Fi baseada en 5G chegarÃa con enchufar o router á corrente
eléctrica e introducirlle a tarxeta SIM correspondente, sempre que esteamos
nunha zona con cobertura 5G.
O router soporte VoLTE e tamén é compatible cos sistemas mesh de D-Link, de xeito que fan doada a configuración de redes
domésticas sen problemas de cobertura. De cara aos provedores de servizos o
router tamén inclúe funcións de administración remota. Este interesante
dispositivo non chegará ao mercado até a segunda metade do ano.
Este tipo de solucións son toda unha esperanza para áreas remotas ás que
actualmente non chega a fibra óptica nin conexións DSL cunha velocidade
aceptalbe, de xeito que poderán atopar no 5G unha alternativa para poder gozar
dun bo acceso á Rede.