D-Link tamén ten o seu propio router 3G de peto

martes, 6 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Para levar a conectividade sen fíos fóra do fogar están a cobrar moita relevancia os dispositivos coma o MiFi de Novatel, considerado coma un auténtico dispositivo de moda e ao que sáelle un competidor da man de D-Link, o router DIR-457 MyPocket 3G HDSPA, que permite conectarse a redes 3G cunha velocidade máxima de descarga de 3,6 Mbps e 384 Kbps de subida para compartir este tipo de accesos a través de Wi-Fi (baixo a especificación 802.11g) ata con 16 clientes (elemento no que supera sobradamente aos MiFi) e cunha autonomía de 2 horas.
O MyPocket tamén pode conectarse directamente a un portátil por USB para funcionar coma un modem 3G ordinario e entre as súas funcionalidades está o envío e recepción de mensaxes de texto. É moi doado de manexar, soporta encriptación WPA/WPA2 e o seu prezo de venda libre é duns 200 euros.

PUBLICIDADE