DC Universe Online chegará a Xbox One en primavera

martes, 12 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

O xogo DC Universe Online está a celebrar o seu quinto aniversario con numerosas actividades, pero tamén aproveitan este momento doce para anunciar que en primavera o xogo vai contar con versión para Xbox One, o que ampliará considerablemente o número de xogadores que poderían gozar universo en liña no que heroes e viláns combaten por coñecidas localizacións do Universo DC como as cidades de Metrópolis e Gotham ou a illa de Themyscira.
Outro importante anuncio para este título masivo multi-xogador é que a partires da última semana deste mes vai activarse o crossplay, o que permitirá que os xogadores de PC e PlayStation 4 poidan participar simultaneamente na mesma partida.
Para os seguidores do Universo DC en televisión o mes que vén tamén haberá contidos interesantes en DC Universe Online, xa que estrearase o seu episodio 21, que será unha historia de Hawkgirl, Hawkman, Captain Cold e Atom para celebrar a estrea da serie Legends of Tomorrow (spin-off de Arrow e The Flash). Tamén se publicarán nosas historias que involucran a Superman, Darkseid e Harley Quinn, entre outros, polo que o xogo vai verse moi enriquecido durante os vindeiros meses, deixando claro que está lonxe do esquecemento por parte dos seus responsables.

PUBLICIDADE