DJI lanza un dron de prestacións profesionais con menos de 249 gramos de peso

mércores, 11 de maio do 2022 Marcus Fernández

DJI leva tempo liderando o mercado dos drons de consumo, e estes días está a revolucionar o seu sector co novo DJI Mini 3 Pro, que convértese nun produto difícil de situar no seu catálogo xa que conta con numerosas funcionas avanzadas sen superar os 249 gramos de peso, o que permítelle ser encaixar nunha categoría de produto con poucas limitacións legais para operar, ou sexa, que pese a ser un irmán do DJI Mini 2, realmente estamos ante un dron totalmente distinto en posibilidades e deseño, co que comparte como principal característica común o seu peso reducido.
O DJI Mini 3 Pro pode gravar vídeo 4K a 60 imaxes por segundo, conta con funcións de seguimento (ActiveTrack), integra tecnoloxía de detección de obstáculos tridireccional, permite rotar 90 graos o seus estabilizador de imaxe para captar imaxes en vertical pensando en redes sociais, pode funcionar até algo máis de 30 minutos seguidos e incluso ofrece a opción de funcionar con excelente mando a distancia con pantalla. Temos así un produto coas vantaxes dos modelos Mini, pero con boa parte das capacidades dos modelos Air e Mavic, de aí que o seu prezo de saída sexa de 739 euros, podendo adquirirse por 829 euros con mando básico e por 999 euros cun mando a distancia con pantalla integrada.
O redeseño deste dron permite que, por exemplo, poida ofrecer un maior rango de rotación en contrapicados (sen que as hélices entren en plano), mantén o seu deseño encartable para facilitar o seu transporte, a súa batería promete até 34 minutos de autonomía en condicións ideais, o seu sensor CMOS de 1/1.3” ten un ISO nativo dual e admite saída directa de vídeo HDR, é capaz de disparar fotografías RAW de 48 Mpíxeles, aparte do vídeo en 4K tamén permite realizar cámaras lentas a 120 imaxes por segundo a 1080p, conta cun modo de cor D-Cinelike para os creadores que queren contar cunha maior flexibilidade á hora de editar as súas gravacións para darlles un acabado profesional e incluso permite un uso bastante tranquilo grazas á detección de obstáculos mediante sensores frontais, traseiros e interiores que xunto coa tecnoloxía APAS 4.0 pode esquivar obstáculos en contornos complexos.
O dron permite executar de xeito automático toda unha serie de manobras coñecidas como MasterShots para crear gravacións impresionantes con facilidade, con FocusTrack pode facer o seguimento de obxectivos, conta con funcións para que crear un impresionante hyperlapse ou timelapse sexa doado e incluso conta cun zoom dixital 4x para poder achegarse virtualmente a elementos sen aproximarse demasiado.
Para o usuario tamén resulta ideal o seu sistema de QuickTransfer, que permite descargar os contidos do dron a velocidades de até 30 Mb/s sen fíos, axilizando así o procedemento para poder compartir as gravacións nas nosas redes sociais. Todo un dispositivo con prestacións case profesionais, pero con poucas limitacións regulatorias para voar, xa que o seu peso permite que practicamente teña a consideración de xoguete (aínda que segue a ter que respectar normas como os espazos de exclusión aérea).

Vídeo de presentación do DJI Mini 3 Pro

PUBLICIDADE