DUO Electronic converte as pantallas en táctiles
venres, 5 de decembro do 2008
Os usuarios que
non sexan moi mañosos e que queiran converter
a pantalla do seu equipo informático en táctil sen unha complexa
instalación nin desmontar o monitor poden optar por adquirir o DUO Electronic, que emprega un
sensor que se coloca na parte superior da pantalla e un lapis para escribir
virtualmente sobre a pantalla e que se vende en dúas versións: para portátiles
con pantallas de ata 15,4 polgadas (podendo colocarse o sensor na parte
superior da pantalla ou nos laterais) e para monitores de sobremesa de ata 22
polgadas (nos que o sensor se poderÃa colocar a calquera lado do monitor).
Esta solución permite utilizar o lapis incluÃdo a xeito de rato informático, só
que se emprega directamente sobre a pantalla e mesmo é compatible co sistema de
recoñecemento de escritura de Windows Vista. Tamén conta coa opción de cambiar
a punta do lapis para escribir sobre un papel, e que se vexa reflectido o que
escribimos no ordenador.