Danse a coñecer máis personaxes de Mortal Kombat vs DC Universe
xoves, 7 de agosto do 2008
- Sonya Blade enfrontándose a Superman no novo xogo de Midway
Midway leva tempo
adiantando detalles sobre o seu xogo Mortal
Kombat vs DC Universe para manter a expectación de cara ao seu lanzamento
para Xbox 360 e PS3 durante o outono, e aÃnda que xa presentaron distintos
vÃdeos do xogo en funcionamento tanto no E3 de Las Vegas coma na Comic-Con de
San Diego, a compañÃa continúa na súa teima de desvelar os personaxes presentes
no xogo con contagotas.
Ata o momento estaba confirmada a presenza dos personaxes de DC Batman,
Superman, Flash e Catwoman (xa presentes nos vÃdeos de demostración) aos
que se engaden o Capitán Marvel (Shazam), o malvado Joker e o lanterna verde
Hal Jordan, mentres que dos personaxes de Mortal Kombat non faltarán clásicos coma Scorpion, Sub-Zero, Sonya
Blade ou Liu Kang, aos que se sumarán Shang Tsung, Kitana e Jax. Na web oficial do xogo pódense ver os
gráficos en alta resolución dos distintos loitadores, aÃnda que polo momento
faltan Jax e Green Lantern, asà como tamén quedarÃa por desvelar a identidade
de 2 loitadores (1 de DC e outro de Mortal
Kombat).
O novo tÃtulo presenta uns gráficos moi detallados, e unhas técnicas de ataque
realmente espectaculares e aÃnda que os enfrontamentos resultarán moi pouco
realistas (a forza e os poderes dos distintos personaxes son moi desiguais)
garantirán moita diversión para os seguidores de calquera das dúas franquicias
que colisionan no xogo.
Demostración do xogo en acción presentada durante a pasada edición do E3