Dead Cells chega a iPhone e iPad
venres, 30 de agosto do 2019
O ano pasado o estudio Motion Twin conseguiu certo éxito co
seu xogo Dead Cells, tÃtulo que
contou con versións para PS4, Xbox One, Nintendo Switch e ordenadores persoais
e convenceu coa súa proposta na que mesturan os xéneros roguelike e metroidvania,
no que dan en chamar roguevania.
Neste xogo tomamos o rol dun cúmulo de células froito dun experimento alquÃmico
fracasado que se apoderan dun corpo en descomposición co que explorar un castelo
en constante expansión para descubrir o acontecido no lugar.
En Dead Cells
temos que seguir a mecánica de matar, morrer, aprender e repetir, ou sexa,
estar aprendendo constantemente dos erros, e agora xa non é imprescindible
gozar do xogo en PC ou consola, senón que tamén podemos facernos cunha versión
para iOS, que saÃu
á venda por 8,99 euros.
O xogo está adaptado tanto a iPhone como a iPad, para o que renovaron a súa
interface, de xeito que podemos elixir entre modos de xogo (orixinal ou
autoataque), personalizar os seus controis táctiles e incluso manexar o xogo
con mandos externos MFi.
O traballo de optimización do xogo para dispositivos móbiles vai aproveitarse
para lanzar en breve unha versión para Android deste tÃtulo independente.
Tráiler de lanzamento de Dead Cells para iOS