Dead Space 3 contará con modo cooperativo
xoves, 31 de maio do 2012
As aventuras de Isaac Clarke van continuar nas consolas de
videoxogos en Dead Space 3, de xeito
que este survival horror futurista
continuará a facerse camiño como un tÃtulo de referencia para os amantes do
xénero por demostrar que non estaba todo perdido tras a transformación de sagas
como Resident Evil a un xénero máis
de acción.
Pero o novo Dead Space tamén quere
renovarse dalgún xeito, polo que incorporar un modo cooperativo, no que un novo
personaxe, John
Carver, incorporarase á loita contra a praga de necromorfos.
Pouco máis sabemos deste tÃtulo que está a desenvolver Visceral Games, agás que
agora as informacións das que se viña a falar nos últimos dÃas veñen apoiadas por
unha filtración
de imaxes do xogo. É de agardar que nos vindeiros dÃas, de cara ao E3,
Electronic Arts achegue máis detalles sobre este prometedor e arrepiante videoxogo.
- Isaac Clarke contará coa axuda de John Carver en Dead Space 3