Dell estrea monitor táctil cun grande ángulo de visión
luns, 3 de xaneiro do 2011
Dell vén de
incorporar ao seu catálogo o monitor
ST2220T, que conta cunha pantalla multi-táctil de 21,5 polgadas con
tecnoloxÃa IPS e unha resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles que nos
EE.UU. está dispoñible por 309,99 dólares (231,44 euros) e destaca por
poder operar non só nunha tradicional posición vertical, senón tamén con
distintos ángulos de inclinación, facilitando unha experiencia de uso próxima á
do iPad de Apple.
O Dell ST2220T permitirÃa converter
un ordenador doméstico nunha especie de tablet
válido tanto para o uso de videoxogos como para a reprodución multimedia, cun
deseño elegante, un ángulo de visión case total (178 graos tanto en vertical
coma en horizontal), un baixo consumo enerxético e alta conectividade (VGA,
DVI, HDMI e USB).