Dell lanza unha webcam 4K con encadre automático
martes, 29 de xuño do 2021
Nos tempos de pandemia o uso da videoconferencia disparouse globalmente,
e confiando en que este hábito se manteña no tempo dende Dell poñen hoxe á venda
o que consideran que é a webcam 4K máis intelixente do mercado, a Dell
UltraShap Webcam, que podemos adquirir actualmente a 213,72 euros e que promete
unha calidade de imaxe comparable á dunha cámara réflex grazas ao sensor CMOS
4K Sony STARVIS (8,3 MpÃxeles) e un obxectivo multi-elemento, que conseguen producir
vÃdeo de grande calidade incluso en condicións con pouca luz.
Esta nova cámara tamén aplica HDR á imaxe, para conseguir unhas cores máis realistas
e compensar as diferenzas de exposición do noso contorno, contando tamén con
algoritmos de redución de ruÃdo e tamén coa función de moda nos últimos meses:
a detección de encadre. Deste xeito o usuario pode moverse e a cámara manterao
no centro da imaxe, podéndose personalizar o campo de visión que desexemos (65,
78 ou 90 graos).
A Dell UltraSmart Webcam tamén é compatible con Windows Hello, de xeito que
pode empregarse como sistema de recoñecemento facial para identificarnos ante o
noso equipo informático e, para os usuarios máis desconfiados, tamén conta
cunha tapa magnética que permite cubrir o obxectivo para que o usuario estea
seguro de que ninguén o espÃa, á vez que se protexe o obxectivo mentres non se
emprega a cámara. Inclúe un soporte magnético para poder colocar a webcam sobre
unha pantalla, contando tamén cun adaptador para trÃpodes.
VÃdeo promocional da Dell UltraSharp Webcam