Dell pon á venda un monitor de 43" que pode presentar até 4 fontes á vez

luns, 23 de maio do 2016 Marcus Fernández

Pensando na mellora da produtividade en contornos profesionais Dell pon á venda o seu novo monitor de grande tamaño e ultra alta definición, que non só presenta 3.840 x 2.160 píxeles nun panel IPS de 43 polgadas, senón que tamén permite a conexión de até 4 clientes independentes con vistas personalizadas, e sen un marco ao redor de cada pantalla separándoos, conseguindo así unha experiencia de uso máis confortable.
O monitor Dell P4318Q ten un acabado mate e un baixo nivel de reflexo que facilita traballar con el comodamente durante longas xornadas, aínda que gozar de tal vantaxe ten un prezo considerable, xa que esta nova pantalla véndese a un prezo de 1.414 euros. A pantalla conta con 2 altofalantes de 8 watts, 1 porto DisplayPort 1.2, 1 porto Mini DisplayPort 1.2, 2 portos HDMI 1.4, 1 porto VGA, 1 porto USB 3.0 de subida que habilitan 4 portos USB 3.0, 1 entrada de audio, 1 saída de auriculares e un porto RS232.

PUBLICIDADE