Dell anuncia o seu primeiro monitor profesional 4K con HDR
venres, 21 de abril do 2017
Pensando nos profesionais do vÃdeo Dell
presenta os seus primeiros monitores con HDR, concretamente baixo o estándar
HDR10 (o empregado, por exemplo, polas consolas de videoxogos actuais). Temos
asà o monitor Dell UltraSharp 27 4K HDR (UP2718Q), que cunha diagonal de 27
polgadas e unha resolución UHD destaca polo soporte de HDR10, o que supón unha
reprodución moi realista das imaxes.
Estamos ante un monitor orientado a un público profesional, polo que a
precisión e a fidelidade da cor tamén son elementos moi coidados, quedando
patente a calidade do produto no seu prezo, que será de 1.999,99 dólares (1.865
euros) cando saÃa á venda nos EE.UU. o vindeiro 23 de marzo. O modelo
equivalente de Dell sen HDR sairá á venda a mediados de xullo a un prezo de
699,99 dólares (653 euros), cando tamén sairá un modelo con pantalla de 25
polgadas que custará 499,99 dólares (466 euros).
Outro produto de Dell que chama poderosamente a atención é o novo monitor Dell
UltraShap 32 8K (UP3218K) que como indica o seu nome conta cunha diagonal de
pantalla de 32 polgadas e unha impresionante resolución de imaxe de 8K, o que
está moi por enriba do que resulta habitual, de aà que o seu prezo sexa duns
esaxerados 4.999,99 dólares (4.661 euros).