Dell propón agochar o ordenador no soporte do monitor

luns, 2 de setembro do 2019 Marcus Fernández

Dell ten no mercado diferentes ordenadores todo-en-un, pero agora pretende mudar ese concepto dun xeito orixinal, xa que o novo Dell OptiPlex 7070 Ultra pode presumir de ser unha das solucións máis flexibles de conseguir un ordenador de sobremesa sen pegada no escritorio, xa que o equipo informático intégrase directamente no propio soporte do monitor, conseguindo así un grande aforro de espazo, unha estética e elegante, e a posibilidade de que empreguemos o monitor que desexemos (e non o que impoña o fabricante) xa que o soporte é compatible con VESA, ou sexa, que practicamente pode usarse con calquera pantalla do mercado.
Estes curiosos equipos tiran proveito da arquitectura Intel Mobile U e pode configurase até cun procesador Core i7 de catro núcleos, 64 GB de RAM e 2 unidades SSD de 1 TB, de xeito que serían máis que competentes para a meirande parte de labores propias dun escritorio ofimático.
Dende Dell recomendan esta solución cos seus monitores USB-C, de xeito que así cun único cable de alimentación pode alimentarse a pantalla e o ordenador no seu soporte, conseguindo así un escritorio mellor organizado.

O OptiPlex 7070 Ultra deixouse ver estes días na feira VMworld de San Francisco

PUBLICIDADE