Dell recupera o concepto de Tablet PC nun ultraportátil
venres, 5 de novembro do 2010
A preto de 2 meses do seu
lanzamento, dende Dell publican
un vÃdeo no que amosan o que dará de si o Inspiron Duo, un novo concepto de
equipo que combina conceptos de ultraportátil e tablet, pois este equipo con
pantalla táctil de 10,1 polgadas, procesador Intel Atom N550 e sistema operativo
Windows 7 pode xirar a súa pantalla para agochar o seu teclado e operar coma un
tablet, o que xa facÃan os vellos Tablet PC que quixo popularizar Microsoft hai
anos, pero gozando da portabilidade dun equipo lixeiro e cativo.
Para completar a este curioso equipo JBL comercializará unha base que serve funciona
como altofalantes, asà coma para soporte que facilita o uso do Dell Inspiron
Duo para a visualización de contidos multimedia.
VÃdeo que adianta o que será o Dell Inspiron Duo