Denuncian que TikTok rastrexaba aos seus usuarios mediante técnicas prohibidas

mércores, 12 de agosto do 2020 Marcus Fernández

Nun momento no que TikTok está na picota The Wall Street Journal bota máis leña ao lume ao desvelar que a aplicación de orixe chinés realizaba un seguimento dos datos dos usuarios mediante unha técnica que estaría prohibida polas normas da tenda de aplicacións de Google.
No xornal estadounidense aseguran que TikTok estarán a recoller enderezos MAC dos dispositivos con Android durante, como mínimo, 15 meses, rematando esta práctica o pasado 18 de novembro. A recompilación desta información violaría as normas de Google Play, que dende 2015 non permite a distribución de aplicacións que identifiquen aos dispositivo de xeito persistente (ou sexa, que non permite nin rexistrar enderezos MAC ou os propios IMEI dos móbiles).
Ao parecer, TikTok estaría a empregar este sistema de identificación con finalidades publicitarias, e a compañía non realizou comentarios ao respecto xa que trátase dunha práctica que non realizan actualmente. Ao desvelarse esta práctica estaría a reforzarse a idea de que TikTok non é unha compañía na que poder confiar, xa que non tería reparos en violar as normas establecidas para espiar aos seus usuairos.

PUBLICIDADE