Denuncian que algunhas tendas xa venden o PES 2009

mércores, 15 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Dende varios blogs sobre videoxogos están a denunciar as prácticas dalgunhas tendas que xa se lanzaron a vender o xogo Pro Evolution Soccer 2009 varios días antes do seu lanzamento oficial dun xeito moi pouco ético, pois chegan a anunciar que os clientes que encarguen o xogo poderán adquirilo a mellor prezos en «2 días antes».
É habitual que as tendas reciban os videoxogos con certa antelación para poder garantir a súa dispoñibilidade o día do seu lanzamento, pero normalmente se respectan as datas marcadas pola súas distribuidores de cara á venda ao público, e os adiantos puntuais se consideran habitualmente como accidentes, pero o feito de facer negocio co asunto non só é unha práctica que atenta contra a competencia, senón que tamén prexudica so sector, pois facilita que se filtren á Internet copias dos xogos antes do seu lanzamento oficial.

PUBLICIDADE