Descobren un par de áreas secretas en LEGO Dimensions
martes, 17 de novembro do 2015
Parece que os xogadores españois temos mala sorte co xogo LEGO Dimensions, xa que, pese a levar preto
de dous meses á venda, continúa sen estar dispoñible no noso mercado, de xeito
que hai que recorrer á importación inglesa para facerse cun tÃtulo que está a
converterse en toda unha xoia, xa que, aparte de contar cun grande catálogo de
figuras (con personaxes de Regreso ao
Futuro, os Simpson, o Universo DC e outras franquÃas), está a ter contidos
dentro do xogo que causan bastante admiración, como a última sorpresa que veñen
de desvelar: ao xogar a LEGO Dimensions
coa expansión do Dr. Who é
posible viaxar a un par de escenarios sorpresa dende o escenario dos
Simpson.
A sorpresa é moi curiosa, xa que ao viaxar ao pasado dende o escenario dos
Simpson iriamos a pasar ao mundo dos Picapedra, e se facemos o propio co
futuro, o escenario corresponderÃase co dos Supersónicos, ou sexa, que
enlazarÃanse as tres grandes familias da animación que foron todo un referente
en cadanseu momento.
Loxicamente este tipo de sorpresas
non están no xogo por accidente, senón que claramente buscan que usuarios que
queiran gozar destas áreas secretas teñan que facerse con varios kits de
expansión, xa que haberÃa que contar coa TARDIS do Dr. Who e unha figura dos
Simpson para poder desbloquear os escenarios que permiten atopar estes ovos de Pascua. Dado que aÃnda quedan
moitas expansións do xogo por chegar ao mercado é de agardar que nos vindeiros
meses vaian vendo a luz outras sorpresas dentro deste tÃtulo para consolas de
videoxogo que por desgraza só pode xogarse en inglés.
VÃdeo no que podemos ver a área do Picapedra
VÃdeo no que podemos ver a área do Supersónicos