Deseñan unha pantalla de 7 polgadas para acoplar á PS3
martes, 14 de agosto do 2007
Hai uns dÃas publicamos cómo adaptaban unha pantalla
de 7 polgadas para a Nintendo Wii, o que permitÃa o seu uso portátil, e agora tócalle á PlayStation
3 contar con tal posibilidade, xa que Nevover Electronics
deseñou unha pantalla abatible que se pode montar na parte superior da PS3,
o que permite ver os seus xogos na súa pantalla de 7 polgadas cunha resolución
de 480 x 234 pÃxeles, o que non
parece o máis axeitado para unha consola con capacidades de alta definición,
pero que poderá servir para botar unha partida ós usuarios que non queiran
levar unha pantalla externa de grande tamaño coa súa consola cando van de
vacacións.
A nova pantalla ten unha velocidade de refresco que permite visualizar
correctamente os xogos de acción, e o ángulo de visión da mesma é axustable,
contando tamén con conectores para auriculares.