Desfalece un rapaz tras xogar intensivamente á nova expansión de World of Warcraft

martes, 18 de novembro do 2008 Marcus Fernández

As novas alarmistas sobre o abuso dos videoxogos son habituais nos medios, pero un pouco de sentidiño poderían ter chegado para evitar as consecuencias de certas prácticas diante de pantalla, como no caso dun rapaz sueco de só 15 anos que a pasada fin de semana xogou intensivamente á nova expansión do World of Warcraft ata que desfaleceu durante o serán do domingo.
Os médicos que o atenderon no hospital concordaron en diagnosticar que a falta de sono e de alimento (e o esforzo dun xogo intensivo) foron a causa desta situación, xa que o rapaz, tras xogar durante o sábado cos seus amigos, durmiu só 2 horas para dedicar o domingo a xogar a Warth of the Lich King, pero os problemas se terían evitado se o rapaz descansase algo da súa actividade, aínda que só fose para almorzar, polo que os pais queren advertir agora a outros titores para que supervisen as horas de xogo dos seus fillos.
O rapaz xa está fóra de perigo, e a sentenza deste conto parece un tanto absurda, pois está claro que descoidar a alimentación e o sono para realizar calquera outra actividade é un risco para a saúde. De feito, moitos xogadores participan durante varios días seguidos en campionatos e competicións sen arriscar a súa saúde e o adolescente protagonista desta información nin sequera estivo xogando tanto tempo como se pode pensar (moitos medios publicaron que xogara 24 horas sen descanso, o que non parece ser correcto, senón que cando se comunicou que o rapaz dedicou o dia a xogar non estaban a facer unha afirmación literal, pois o mozo tería xogado 15 horas sen descanso, o que é realmente esaxerado para calquera). Temos así que as advertencias dos país do adolescente son un tanto absurdas, pois están a alertar á xente que tome unhas medidas que eles non tomaron… ¡e que tomaría calquera proxenitor responsable!.

PUBLICIDADE