Detroit: Become Human estrea demo para PS4

martes, 24 de abril do 2018 Marcus Fernández

Quantic Dreams, o estudio de xogos tan emblemáticos como Heavy Rain ou Beyond: Two Souls, vai pór á venda dentro dun mes a súa nova aventura de acción Detroit: Become Human, que insiste neste xénero que moitos consideran que é unha película interactiva máis que un xogo, nacido da mente de David Cage, en quen Sony confía para que as súas producións sexan exclusivas das consolas PlayStation e así engadir valor de marca á plataforma.
Detroit: Become Human será un thriller neo-noir do que é difícil facerse unha boa idea sen probalo, de aí que hoxe lanzasen unha versión de demostración na que temos a oportunidade de xogar varias veces unha escena do xogo e probar a ramificada narrativa deste título no que cada decisión terá repercusións.
Adoptaremos o rol de Connor, un androide deseñado para asistir ao corpo de policía nunha tenda negociación cunha refén. Haberá que analizar ben a situación e actuar con cautela, xa que hai vidas en xogo.
O xogo final presentará unha historia na que uns androides desafían a programación que os obriga a servir aos humanos e comezan a sentir o desexo de seren libres.

Vídeo promocional da demo de Detroit: Become Human

PUBLICIDADE