Dexter estrea xogo para iPhone

luns, 14 de setembro do 2009 Marcus Fernández

O xogo fai uso duns gráficos 3D de grande calidade para funcionar nun dispositivo móbil

A serie de televisión de Dexter está a ter un éxito considerable, pero a súa acción non está limitada ao ficción estática, senón que tamén funciona de xeito interactivo grazas a un novo xogo para o iPhone e iPod Touch que vén de incorporarse á App Store por 4,99 euros, e que aínda que só está en inglés, de seguro que vai ser do agrado dos seguidores do asasino en serie máis carismático de Miami, que incluso poderán gañar unha aparición na futura quinta tempada da serie, así coma outros premios.
O xogo para iPhone segue a premisa da serie televisiva, con Dexter Morgan recollendo información das súas presas, para matalas co seu estilo habitual. A nivel gráfico destaca polo seu bo uso das 3D (coa posibilidade de cambiar entre vista en primeira e terceira persoa), conta cunha grande variedade de diálogos (incluíndo a voz de Michael C. Hall), fai uso tanto da pantalla táctil coma do acelerómetro e, coma xa comentamos, unha das súas poucas eivas é non estar traducido ao español.

No xogo, Dexter seguirá a súa cadea de asasinatos de culpables que evitaron as zarpas da lei

PUBLICIDADE