DiRT Rally sae á venda rendendo homenaxe a Colin McRae
martes, 5 de abril do 2016
O
pasado mes de decembro a
tenda dixital de videoxogos Steam recibiu un dos mellores xogos de rally
dos últimos anos, DiRT Rally, que hoxe estrea versión
para Xbox One e PlayStation
4, estando tamén dispoñible para as tres plataformas en formato fÃsico
nunha edición especial que inclúe un disco Blu-ray co documental Colin McRae Rally Legend, que agradecerán
especialmente os seareiros desta franquÃa de xogo de Codemasters que está viva
dende 1998, e conseguindo transcender a carreira deportiva do célebre piloto
(retirado en 2006 e falecido en 2007) que daba nome a esta serie de xogos de
referencia.
DiRT Rally é un xogo que captura a
emoción de carreiras ao lÃmite no que un choque pode ter un claro impacto no
tempo de cada etapa, pondo ao piloto a proba mentres se corre por neve, xeo,
asfalto e terra, en distintas condicións meteorolóxicas, mentres que o equipo
que o acompaña terá que manter o vehÃculo na mellor condición posible,
convertendo cada rally nunha proba de
concentración e habilidade.
Máis de 40 coches e 6 enormes rallies
con máis de 70 etapas conforman este xogo que tamén inclúe contido oficial de
World Rallycross, para vivir trepidantes emocións de alta velocidade con algúns
dos coches todoterreo máis rápidos do mundo, mentres se intercambian deseños
con outros pilotos nos circuÃtos máis queridos da saga en carreiras para un
xogador e multi-xogador de alta intensidade.
- A edición fÃsica de DiRT Rally homenaxea a Colin McRae cun documental en Blu-ray