Diablo III chegará a PS3 e Xbox 360 o 3 de setembro
xoves, 6 de xuño do 2013
Tras
acadar grande éxito en ordenadores persoais, o popular xogo Diablo
III prepara a súa chegada ás consolas de videoxogos, e aÃnda que na
presentación oficial da PlayStation 4 só anunciaron que estarÃa dispoñible para
as consolas de Sony, Blizzard
confirma que o 3 de setembro este agardado xogo lanzarase tanto para
PlayStation 3 como para Xbox 360 a un prezo de venda ao público recomendado
de 59,99 euros, estando xa aberto
o seu proceso de reserva nas principais tendas de videoxogos (os usuarios
que merquen o xogo de xeito anticipado recibirán un helmo infernal exclusivo,
que outorga experiencia adicional a quen o leve posto).
Diablo III estará integramente
localizado en español (castelán e latino), inglés, alemán, francés, ruso,
italiano, polaco e portugués (de Brasil) e adaptouse ás necesidades dos
xogadores de consola, cunha perspectiva de cámara dinámica que realza ao heroe,
unha nova interface de usuario e un sistema de control intuitivo que fará que
un xogo propio do PC poida gozarse con interfaces de uso máis limitadas.
Os xogadores poderán enfrontarse aos malvados habitantes dos Infernos
Abrasadores sos ou en grupos de ata 4 personaxes na mesma pantalla nos modos
cooperativos local e en liña, podendo combinarse grupos de xogadores en local e
a través da Internet ao mesmo tempo.
Estas novas versións de Diablo III
tamén incluirán as novidades que foi recibindo o xogo para PC nos últimos
meses, de xeito que nas consolas poderán gozar dun xogo excelente dende o
primeiro momento.
- Diablo III contará con modos multixogador nos que combinar a usuarios en local e en liña