Diablo Immortal adíase até 2022

mércores, 4 de agosto do 2021 Marcus Fernández

Aínda que estaba previsto que este mesmo ano puidésemos ver o xogo Diablo Immortal en dispositivos con iOS e Android, Blizzard vén de dar conta de retrasos no seu desenvolvemento, polo que a súa data de lanzamento prevista está fixada agora na primeira metade de 2022.
O xogo xa experimentou unha alfa pechada, en proximamente contará cunha fase de probas xa en beta, na que incorporará numerosas novidades, como máis obxectivos e actividades de xogador contra o contorno, un maior peso dos encargos, a posibilidade de manexar o xogo cun mando físico en vez de con controis virtuais, unha progresión de personaxes máis interesante e, por suposto, novas posibilidades nos enfrontamentos de xogador contra xogador, que na alfa pechada recibiu o Campo de Batalla e tamén o Ciclo do Conflito.

PUBLICIDADE