Disco duro externo con USB 2.0 e eSATA
xoves, 26 de febreiro do 2009
Trekstor
presentou esta semana un novo disco duro externo de 2,5 polgadas, o DataStation
pocket q.ue, cun nome moi peculiar e que se venderá en
capacidades de 250, 320 e 500 Gb a prezos de 120, 130 e 180 euros
respectivamente, aÃnda que o máis rechamante é que, aparte de
conexión USB 2.0, tamén conta cun conector eSATA, o que permite unha velocidade
de transferencia elevada en equipos que conten con este tipo de conexión.
O disco duro externo ten baixo consumo (non precisa de subministro eléctrico
externo), está optimizado para unha boa disipación de calor, é compatible con
Windows 2000/XP/Vista, Mac OS X e Linux, ten capacidade de arranque e inclúe un
estoxo de transporte.
Resulta moi axeitado para equipos con limitada capacidade de disco, para
portátiles e incluso para a función de copias de seguridade de Mac OS X 10.5 (Time Machine) pois é compatible co
sistema de ficheiros HFS+.