Disco duro multimedia con gravador de TDT

martes, 2 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Conceptronic actualizou un dos seus discos duros multimedia de xeito que agora xa conta cun modelo do seu Grab’n’GO Multi Media Recorder & Player (CM3PVRD) que inclúe un sintonizador híbrido para poder gravar tanto o sinal de televisión analóxico como dixital, permitindo tamén a gravación dende fontes de vídeo externas, así como utilizar funcións coma o TimeShift.
Este disco duro multimedia, aparte do seu uso coma gravador televisivo é capaz de reproducir ficheiros multimedia en multitude de formatos (XviD, MPEG-1/2/4, AVI, JPEG, MP3, WAV e VOB), inclúe lector de tarxetas de memoria (SD, SDHC, MMC e MS) e ten saídas de vídeo composto, S-Video e por compoñentes.
Aínda non se coñece o seu prezo de venda no mercado español, pero é de agardar que ronde os 200 euros para o modelo con 500 Gb de capacidade.

PUBLICIDADE