DiscoAzul renova a súa tenda en liña

martes, 8 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

A tenda luguesa de videoxogos e tecnoloxía que leva 10 anos sendo un referente na web, DiscoAzul, vén de renovar o seu deseño e o seu software para facerse máis operativa e incluír novos soportes de grande aceptación entre o público como a telefonía móbil. Co novo espazo web búscase unha navegación máis cómoda e doada, aínda que o cambio máis importante é a axilización do proceso de compra nun único paso.
Outro dos grandes cambios desta tenda en liña é que incorpora unha canle de vídeo creada para ofrecer aos usuarios trucos e consellos para a correcta utilización das aplicacións e complementos que teñen á venda.
Aínda que DiscoAzul está presente nas rúas de Lugo cunha tenda de 200 metros cadrados, esta é só un espazo visible dun negocio que vai moito máis aló, contando cun almacén de máis de 4.000 metros cadrados e máis de 10.000 referencias á venda. Até o momento conta con máis de 500.000 clientes rexistrados de 170 países e permite entregar os produtos en España nun tempo inferior ás 24 horas, demostrando que a loxística xoga un papel moi importante para trunfar nos negocios en liña.

PUBLICIDADE