Discord integrarase en PlayStation

luns, 3 de maio do 2021 Marcus Fernández

Nos últimos días sóubose do fracaso das negociacións de Microsoft para a compra de Discord por unha cantidade económica moi importante (10.000 millóns de dólares), e agora comunican dende a división de lecer electrónico de Sony que a primeiros do ano que vén integrarán Discord en PlayStation, facendo que a comunicación entre os xogadores durante as súas partidas en liña sexa máis doada e satisfactoria.
Este acordo entre ambas partes chega despois de que Sony Interactive Entertainment realizase un investimento en Discord, facéndose cunha parte minoritaria da compañía, ou sexa, mantendo Discord como unha compañía independente, adaptándose así á vontade dos fundadores da compañía que actualmente serve para que se comuniquen máis de 140 millóns de usuarios.

PUBLICIDADE