Discos duros portátiles Samsung S2 a 7.200 rpm e con USB 3.0

xoves, 19 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Samsung amplía a súa familia S2 de discos duros externos portátiles (de 2,5 polgadas) con varias unidades con capacidades de entre 320 e 640 Gb que durante este mes comezarán a distribuírse en Europa e que destacan por operar a 7.200 rpm e ser compatibles coa tecnoloxía USB 3.0, polo que teñen unha velocidade de transferencia moi elevada. Tamén integran as tecnoloxías SilentSeek e NoiseGuard para que as unidades fagan pouco ruído durante o seu funcionamento, e inclúen as aplicacións Samsung Auto Backup, SecretZone e SafetyKey precargadas para facilitar a creación de copias de seguridade, a encriptación de datos e a protección con contrasinais respectivamente.
Lembremos que as actuais unidades USB 2.0 teñen unha velocidade de 480 Mbps, mentres que as interfaces SuperSpeed USB 3.0 chegan ata os 5 Gbps, atendendo ás demandas de máis velocidade por parte dos usuarios que consumen vídeo en alta definición ou grandes cantidades de datos.

Os discos duros Samsung S2 están dispoñibles en distintas cores

PUBLICIDADE