Disney+ adianta o seu lanzamento español
martes, 21 de xaneiro do 2020
No mes de novembro anunciouse que a chegada
de Disney+ a España terÃa lugar o 31 de marzo, pero finalmente Disney
decidiu adiantar este lanzamento nunha semana, polo que o novo servizo
de vÃdeo en streaming estará dispoñible no noso territorio e noutros
paÃses europeos a partires do 24 de marzo.
Disney+ chegará con contidos de Disney, Pixar, Marvel, Star Wars e National
Geographic, xunto con outros máis, cun prezo de 6,99 euros/mes ou 69,99
euros/ano, facilitando o rexistro de até 10 dispositivos simultáneos e a
reprodución simultánea en até 4 pantallas á vez, ou sexa, o equivalente ao plan
Netflix Premium, que ten un custo de 15,99 euros/mes, o que fai que a nova
plataforma resulte moi atractiva.
Entre as vantaxes de Disney+ figuran a posibilidade de descargar calquera serie
e pelÃcula para a súa reprodución fóra de liña, a posibilidade de crear até 7
perfÃs de usuario e a opción de definir perfÃs infantÃs para menores de 6 anos.
Aparte dun inmenso fondo de catálogo, Disney+ chega utilizando como reclamos á
serie The Mandalorian, ao novo de High School Musical, á reinterpretación
de La Dama y el Vagabundo e outros filmes e documentais que buscan satisfacer
a un público moi amplo, aÃnda que resulta evidente que esta plataforma está
especialmente dirixida para toda a familia, fidelizando aos usuarios grazas ás
grandes franquÃas que terá en exclusiva durante os vindeiros meses.