Disney faise co control de Hulu e AT&T prepara un novo servizo de vÃdeo baixo demanda
mércores, 15 de maio do 2019
A
compra da Fox por parte de Disney supuxo un cambio xigantesco no panorama audiovisual
global, que poderÃa inclinar decisivamente a balanza na guerra do streaming que está a desatarse e que
previsiblemente provocará notables baixas entre este ano e o que vén por non
ser o mercado capaz de absorber unha oferta tan atomizada. Como signos deste
cambio temos que Disney xa non só terá a plataforma de streaming Disney+ (que verá a luz este mesmo ano) senón que Comcast,
accionista minoritario de Hulu, vén de anunciar que chegou a un acordo co
xigante audiovisual para cederlle o
control operativo de Hulu de xeito inmediato.
Actualmente a filial de Comcast, NBCUniversal, conta co 33% de Hulu, pero con
este acordo poderÃa vender tal participación a Disney a partires de xaneiro de
2024 a un prezo que se axuste ao valor de mercado. O acordo tamén inclúe a
ampliación da licenza de Hulu aos contidos de NBCUniversal até 2024 e a
posibilidade de que Xfinity X1 poida distribuÃr Hulu tamén até tal data.
AÃnda que Hulu ten licenza para os contidos de NBCUniversal durante un mÃnimo
de 3 anos, o acordo conta coa posibilidade de que dentro dun ano NBCUniversal poida
lanzar a súa propia plataforma de streaming,
mediada coa que Hulu buscarÃa reducir os custos polas licenzas que paga á
filial de Comcast.
Netflix perderá os dereitos de Friends
Pero esta non é a única nova relativa aos servizos de streaming, xa que o director xeral de
AT&T declarou que está a traballar na recuperación
dos dereitos das súas pelÃculas e programas de televisión para lanzar o seu
propio servizo de vÃdeo baixo demanda, ou sexa, que poderÃa explotar
directamente os contidos de Time Warner xunto coa programación da HBO.
Cómpre lembrar que no catálogo da Warner Bros. están series como Friends, Seinfield ou The Big Bang Theory, o que poderÃa ter
un grande impacto en Netflix, xa que algunhas destas series son as que teñen
aos seus subscritores máis enganchados,
como demostra o feito de que a compañÃa pasase de pagar 30 a 100 millóns de
dólares ao ano polos dereitos de emisión de Friends.