Dixitalizador de cintas de casete
xoves, 16 de abril do 2009
Os usuarios que queiran
recuperar vellas gravacións en cintas de casete poden optar por adquirir un trebello
de Novac chamado MV-CM001U (aÃnda que tamén responde ao lema CASSETTE to DIGITAL) que consiste nun
reprodutor de casetes que se conecta ao ordenador por USB e permite
converter o son reproducido a WAV, WMA e MP3, nos dous últimos casos
a compresións de 32, 64, 128, 192 ou 320 Kbps grazas á aplicación Cassette Mate
para Windows XP e Vista.
O dispositivo mide 16,5 x 13,5 x 14,5 centÃmetros, pesa 1,4 quilos, inclúe un
altofalante integrado de 1,5 W e sairá á venda no Xapón o 24 de abril a uns
7.980 iens (61 euros).