Dodro, Rois e Padrón formarán a mocidade local en elaboración de páxinas web
mércores, 7 de xullo do 2021
Os
Concellos
de Dodro, Rois e Padrón organizan un obradoiro de emprego xuventude
2021, unha
formación que pon o foco nun ámbito de gran importancia no mercado
laboral e empresarial: a elaboración de páxinas web.
O
obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2021 está financiado pola
ConsellerÃa de Emprego e Igualdade e a Unión Europea, a través do
Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
O
obxectivo consiste en facilitar a incorporación ao mercado laboral
de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que estean desempregados. Os
tres concellos promoven o obradoiro, co fin de formar a 15 alumnos/as
traballadores durante un ano na confección e publicación de páxinas
web.
Os
máis novos deben estar inscritos no Programa de GarantÃa Xuvenil e
no Servizo de Emprego Público cos códigos 340, 320 e 370. De feito,
o alumnado deberá ter o Graduado de ESO ou o certificado de
Competencias clave de nivel 2 e estar censado en Rois, Padrón ou
Dodro.
O
prazo para inscribirse no Servizo Público de Emprego con estes
códigos remata 8 de xullo de 2021