Donkey Kong Country rexurde na Wii

xoves, 23 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Nintendo está a recuperar con bastante éxito clásicos xogos de plataformas en dúas dimensións, coma New Super Mario Bros Wii, o que levou a seguir o mesmo camiño cunha das mellores sagas deste xénero, de xeito que en novembro os norteamericanos recibirán nas súas tendas Donkey Kong Coutry Returns (a data de lanzamento europea aínda non foi comunicada).
O xogo de Retro Studios parece recuperar o espírito das anteriores entregas da saga na Super Nintendo, e xa se coñecen moitos detalles sobre o mesmo, como que as bananas recollidas no xogo servirán para mercar material adicional, a illa na que se elixen as distintas zonas de xogo será totalmente explorable en 3D e tamén fará acto de presenza o rinoceronte Rambi, que poderá empregarse para destruír bloques xigantes que limitan os nosos avances no xogo, coma podemos ver no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE