Double Dragon Neon estréase para Xbox 360 e PS3

mércores, 12 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Os irmáns Billy e Jimmy Lee están de volta para salvar a Marian do malvado Skullmageddon a través dos 16 violentos niveis que conforman Double Dragon Neon, actualización do clásico Double Dragon que arrasou nos salóns recreativos en 1987 e que hoxe chega ao Bazar de Xbox LIVE Arcade por 800 Microsoft Points (9,6 euros) e que na PlayStation 3 só estará dispoñible temporalmente para os usuarios de PlayStation Plus (xunto a Red Dead Redemption e Scott Pilgrim contra el mundo), para incorporarse a finais de mes á PlayStation Store de xeito xeral.
Con este título a xente de WayForward Technologies soubo coller un xogo clásico e actualizalo dun xeito moi especial, pero conservando os detalles que marcaban o xogo de finais dos anos 80 (música cañeira, roupa extravagante e técnicas de loita peculiares), como podemos ver no seguinte vídeo:

O xogo, con gráficos en alta definición, consegue conservar o espírito orixinal da saga de Double Dragon

PUBLICIDADE