Double Dragon Trilogy chegará a PC a semana que vén
venres, 9 de xaneiro do 2015
DotEmu anunciou hoxe que o vindeiro dÃa 15 editará a través
de varias plataformas dixitais de distribución (Steam, GOG e Amazon) a versión
para PC de Double Dragon Trilogy, recuperación dos xogos de Double Dragon que chegaran ás máquinas
recreativas e que hai
pouco máis dun ano publicaronse para iOS e Android.
Este tÃtulo recollerá os xogos Double
Dragon, Double Dragon 2: The Revenge
e Double Dragon 3: The Rosetta Stone.
Lembremos que estamos ante auténticos referentes do xénero dos beat’em up, que comezaba cos irmáns
Billy e Jimmy enfrontándose ao Black Shadows Gang para rescatar á moza do
primeiro. Patadas, puñados ou golpes cos xeonllos ou a cabeza seráns os
principais recursos para percorrer unha serie de fases até rescatar á moza en
apuros instando aos xogadores a participar no seu modo cooperativo (dous
xogadores loitando á vez para desfacerse dos malvados con máis eficacia).
O xogo contará con 2 modos: arcade (xogando de principio a fin, competindo pola
mellor puntuación posible) e historia (desbloqueando novos escenarios e logros
segundo se progresa no xogo). Tamén permite personalizar os seus controis
(teclado e mando) o que supón posiblemente o principal atractivo desta versión
fronte aos controis virtuais en dispositivos móbiles (que tenden a ser moi
incómodos para xogos deste xénero), poderase elixir entre 3 niveis de
dificultade, tamén existe a posibilidade de optar entre a banda sonora orixinal
de 8 bits ou dunha versión remasterizada, asà como poder presentar os gráficos
orixinais ou aplicándolle filtros. Para o modo multi-xogador será posible participar
en local ou en liña.
- O xogo estreou hai pouco máis dun ano versión para dispositivos móbiles