Dragon Ball: Revenge of King Piccolo á venda con mandos de Ardistel
martes, 11 de xaneiro do 2011
O xogo
para Wii Dragon Ball: Revenge of King
Piccolo vai ter unha segunda vida nas tendas ao pasar a comercializarse
nun paquete que inclúe, xunto ao xogo de Son Goku, un conxunto de mandos
para a consola de Nintendo composto por un mando normal (compatible con Wii
MotionPlus) e un Nunchuck de Ardistel, o que supón unha interesante opción para
facerse cun mando adicional para a Wii, posto que o
prezo do pack é de 39,90 euros. Os mandos incluÃdos no paquete estarán dispoñibles tanto en branco coma en negro.
AÃnda que Revenge of King Piccolo
dista moito de ser un xogo perfecto (a prensa especializada dálle unha nota
media dun 6,5), resulta moi axeitado para os que queren lembrar as
primeiras aventuras de Goku cando era cativo, pois recuperar a súa aparencia
clásica, como tamén fan os xogos de Dragon
Ball: Origins na Nintendo DS (con bastante maior fortuna).
Trailer do xogo para Wii