Dragon Quest Heroes converte a franquía con debuxos do creador de Son Goku nun hack-and-slash

venres, 16 de outubro do 2015 Marcus Fernández

Hoxe saíu á venda para PlayStation 4 o xogo Dragon Quest Heroes: El Infortunio del Árbol del Mundo y la Raíz del Mal, un título de Square Enix moi agardado polos seareiros da franquía Dragon Quest, que estréase na consola de Sony de nova xeración á vez que tamén sería o primeiro xogo RPG de acción de toda a saga, respectando a serie ao contar coa implicación do creador da serie (Yuji Hori), o compositor da música (Koichi Sugiyama) e o deseñador de personaxes e monstros (o célebre Akira Toriyama), de xeito que os xogadores estarán familiarizados en todo momento no que achega esta nova proposta. Temos así que os personaxes de Dragon Quest protagonizan agora un xogo cunha mecánica semellante á da saga Dynasty Warriors, o que pode lembrarnos ao que aconteceu con Hyrule Warriors (que tamén introducía nun musou aos personaxes da franquía de The Legend of Zelda).
O xogo chega nunha edición estándar e unha Edición Digital Limo, con numerosos contidos adicionais dentro do xogo (9 armas Limo especiais, o mapa do ouro soterrado e o mapa feliz), custando estas versións 59,99 e 64,99 euros respectivamente.
Amais, quen merque durante o primeiro mes o xogo na PlayStation Store recibirá de balde un par de artigos adicionais: a machada dourada (arma especial para Yangus) e un tema estático para a PS4. Os subscritores de PlayStation Plus tamén gozarán adicionalmente do Fandangoo (arma especial para Maya), aínda que desta volta poderán facerse con este elemento todos os que merquen o xogo (non sendo preciso facerse coa edición descargable).

O xogo conta cunha edición especial con numerosos contidos dixitais adicionais

Tráiler de lanzamento do xogo

PUBLICIDADE