Dragon Quest IV estrea versión para iOS e Android

venres, 8 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Os seareiros da saga Dragon Quest xa poden volver gozar dunha das súas vellas entregas, xa que Square Enix vén de publicar nas tendas de descargas móbiles o xogo Dragon Quest 4: Chapters of the Chosen, clásico que en 1990 chegou para a primeira Nintendo e que logo contarían con revisións para PlayStation e Nintendo DS, e que agora podemos adquirir por 13,99 euros para iOS e para Android, chegando incluso a provocar certas bromas ao comezo, xa que apareceu inicialmente na App Store baixo o título de Dargon Quest IV.
A revisión deste popular xogo de rol xaponés permite gozar do título ao completo (sen ter que adquirir contidos adicionais para completar a aventura) o que garante máis de 40 horas de xogo, aínda que con textos só en inglés. Como importante novidade conta con charla en grupo, para poder falar cos fieis compañeiros cando o desexemos, o que engade información interesante segundo o punto da historia no que nos atopemos.
Aparte dos 5 capítulos principais do xogo, cando os completemos desbloquearase un sexto capítulo no que poder explorar un alxube adicional.


Trailer da nova versión de Dragon Quest IV para dispositivos móbiles

PUBLICIDADE