Duke Nukem Forever chega ás tendas

venres, 10 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O agardado xogo por fin é realidade

Tras preto de 15 anos de espera, chega finalmente ás tendas Duke Nukem Forever, xogo xurdido do éxito de Duke Nukem 3D, e que durante moitos anos foi galardoado como o Vaporware do Ano pola revista Wired, por adiar constantemente o seu lanzamento e chegar a ser cancelado en varias ocasións. Toda esta odisea non xogou a favor deste titulo, que tivo que pasar por varias compañías e plataformas ata que ao final chegase a PC, Xbox 360 e PlayStation 3, aínda que sen destacar tecnicamente, polo que sería un xogo só recomendable para os incondicionais do personaxe protagonista e o seu sentido do humor, máis que para xogadores de shooters en xeral.
Con este xogo non só teremos nas nosas mans un xogo que parecía non converterse nunha en realidade, senón que tamén recupérase unha franquía que contará con máis xogos nos vindeiros anos, que posiblemente sexan moi superiores tecnicamente por desenvolverse na xeración de consolas actual e non ter que herdar distintos ciclos de desenvolvemento que lastren o produto.
Curiosamente, tras tanto retraso, unha das cousas máis rechamantes de Duke Nukem Forever é que apareceron copias do xogo na Internet unha semana antes de que chegase ás tendas, o que podería afectar seriamente ás súas vendas (ao que tampouco contribúen as súas malas críticas iniciais).

PUBLICIDADE