Echo Show: Alexa nunha pantalla de 10 polgadas

xoves, 21 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

A chegada dos produtos de Amazon que integran o seu asistente de voz Alexa está a ser paulatina en España, e o vindeiro en ver a luz será o Echo Show, que vén a ser a fusión entre un altofalante conectado como o Amazon Echo e unha tableta, xa que este trebello inclúe unha pantalla de 10 polgadas e alta definición, cun potente son e cunha cámara de 5 Mpíxeles, de xeito que, aparte de poder atender ás nosas ordes de voz para responder cuestións ou controlar a nosa domótica, e de reproducir música e vídeo, tamén pode aproveitarse para a realización de videoconferencias.
Para tirar un maior proveito deste trebello, dende El País, Sensacine, Diario AS, Mi Tele Momentazos de Mesiaset e mesmo dende Renfe teñen Skills adaptadas á nova pantalla conectada, que pode así amosar información de interese con que o usuario a solicite verbalmente. O servizo de Amazon Prime Video tamén está adaptado a este dispositivos, polo que agora poderemos realizar indicacións faladas para reproducir neste trebello os contidos audiovisuais que desexemos). Ao integrar os navegadores web Silk e Firefox será doado acceder a todo un mundo de contidos que amosar na pantalla do Echo Show.
Dende Amazon tamén propoñen o uso do Echo Show para operar como asistente de cociña, a xeito de videoporteiro ou incluso como unha liña interna de comunicación no fogar.
Este novo produto de Amazon pode xa reservarse a un prezo de lanzamento de 229,9 euros, comezando a súa distribución o vindeiro 27 de febreiro.

O Echo Show pode ser unha boa solución para realizar videoconferencias

PUBLICIDADE