Eken M001, un tablet de baixo prezo con Android 1.6
martes, 27 de abril do 2010
Coa chegada do
iPad ao mercado estadounidense moitos son os fabricantes que optaron polo
sistema operativo Android para facer fronte ao novo trebello de Apple, pensando
que o concepto do tablet poderÃa
servir para vender os pouco recoñecidos MID, aÃnda que algún caso en concreto
resulta especialmente rechamante polo seu prezo reducido, que pode ser a chave
do seu éxito, coma o Eken
M001, que é un dispositivo con pantalla táctil de 7 polgadas cunha
resolución de 800 x 480 pÃxeles, procesador VIA WM8505 a 600 MHz, 128 Mbytes de
RAM, 2Gb de almacenamento interno, Wi-Fi e lector de tarxetas SD de ata 32 Gb
que venderán en China por uns 680 iuans (74,53 euros).
De todos os xeitos, hai que recoñecer que por tal prezo tense o que se paga, e
non estamos ante un dispositivo de grande potencia e velocidade, senón que serÃa
un reprodutor multimedia portátil cun navegador web incorporado cunha potencia
semellante á dun smartphone, coma
podemos apreciar no seguinte vÃdeo:
De todos os xeitos, non parece que vaian ser poucos os consumidores que opten
por este tipo de trebellos dado o seu reducido prezo, aÃnda que teñan eivas
evidentes e sexan solucións bastante pechadas (normalmente carecen de acceso ao
Android Market). A autonomÃa destes dispositivos tamén é moi criticada, por estar a pouco máis da décima parte que un iPad.