El Despertar de la Fuerza chega a Disney Infinity

venres, 18 de decembro do 2015 Marcus Fernández

A chegada dos personaxes de Star Wars ao xogo Disney Infinity 3.0: Play Without Limits foi unha grande nova nun ano como o actual, e agora que El Despertar de la Fuerza chegou aos cines, os personaxes do filme tamén desembarcan nos videoxogos, e xa podemos mercar as novas figuras de Star Wars para Disney Infinity, dispoñibles, por unha banda, nun Play Set cos personaxes Finn e Rey (grandes protagonistas da produción cinematográfica), mentres que o malvado membro da Primeira Orde, Kylo Ren, e o mellor piloto da Resistencia, Poe Dameron, están dispoñibles de xeito independente.
Deste xeito, os personaxes máis importantes que se incorporan ao universo de Star Wars con El Despertar de la Fuerza xa poden desbloquearse en Disney Infinity 3.0, facilitando así revivir as aventuras da película na nosa consola de videoxogos, así como coleccionar as figuras (que é un dos grandes atractivos deste tipo de xogos que mesturan o físico co dixital).

Vídeo promocional do Play Set de El Despertar de la Fuerza

PUBLICIDADE