El Despertar de la Fuerza terá xogo de LEGO no verán
martes, 2 de febreiro do 2016
A
familia de xogos da familia de LEGO adaptando franquÃas cinematográficas pasou
por grandes éxitos como Indiana Jones, O Señor dos Aneis ou Batman, e unha
filtración dá conta agora de que vai volver a adaptar unha sagas coas que LEGO
ten unha grande complicidade, Star Wars, xa que o 28 de xuño estrearase LEGO Star Wars: El Despertar de la Fuerza,
que adaptará aos videoxogos o último filme da franquÃa creada por George Lucas.
Nin TT Games nin Warner Bros. Interative anunciaron oficialmente este tÃtulo,
pero xa figura
na páxina web de Xbox, polo que podemos dalo con confirmado, agardado que,
como é habitual, vaia estar dispoñible na meirande parte das plataformas de
xogo actuais.
O novo xogo permitiranos controlar a Rey, Finn, BB-8, Kylo Ren, Han Solo e o
resto dos personaxes de El Despertar de
la Fuerza, revivindo a acción do filme dende o punto de vista LEGO,
contando tamén con contido exclusivo para xogar que abarca o perÃodo entre os
episodios VI e VII desta saga galáctica.
O xogo tamén introduce as multi-construcións (que permiten o uso de ladrillos
de LEGO para abrir novos camiños e logo desmontalos) e as batallas de blásters
(podendo empregar o contorno para cubrirse fronte aos ataques da Primeira
Orde).
- No xogo poderemos revivir grandes secuencias do filme orixinal
Tráiler do novo xogo de LEGO