Del Revés (Inside Out) estrea videoxogo móbil

venres, 17 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Coa chegada ao cines do filme Del Revés (Inside Out) temos tamén un xogo para dispositivos móbiles, Intensa Mente, Burbujas de Pensamiento, un clon do Puzzle Bobble que collendo personaxes do filme de Disney invítanos a disparar bolas de cores xunto a outras da mesma cor para facelas desaparecer ao coincidir. Este xogo free-to-play ofrece 125 niveis con 4 modos de xogo distintos, nos que tamén poderán empregarse poderes para facilitar a superación dos distintos retos que vaian xurdindo.
O xogo conta coas voces orixinais da película animada (en inglés) e está dispoñible de balde para Android e para iOS.

O xogo presenta unha mecánica como a de Puzzle Bobble ou Bubble Witch 2 Saga

PUBLICIDADE